Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

A fiscalía pide 42 anos para o acusado de matar a un mozo en Arealonga na noite de San Xoán
Sucesos • 30/05/2018
Autor: Ana Prieto

O veciño de Teis, de 44 anos, que na noite de San Xoán do pasado ano foi detido pola morte a tiros do mozo Daniel Beltrán na praia de Arealonga, enfróntase a penas de cárcere de ata 42 anos. O fiscal acusa a José Luís L. P. dun delito de asasinato, outro de asasinato en tentativa, un máis de homicidio en tentativa e tenencia ilícita de armas.


Segundo o escrito de acusación, sobre as 5,00 horas do 24 de xuño de 2017, nos exteriores dun bar de Chapela, José Luís L. achegouse á varanda que estaba próxima á baixada á praia de Arealonga e tentou ouriñar sobre unhas mozas que estaban no areal. A vítima, Daniel Beltrán, de 25 anos, ao ver a escena, recriminou ao acusado pola súa acción. A acusación pública mantén que nese momento o acusado sacou de imprevisto o revólver e disparou "con intención de causar a morte" contra o peito do mozo. Engade que o disparo o fixo "sen previo aviso, nin xestos que puxesen en alerta á vítima". Foi un disparo "de contacto" co canón no peito. Un amigo do falecido, ao ver a este en chan, acudiu a socorrelo, sen ser consciente do disparo e tamén lle recriminou ao acusado a súa actitude, que tamén lle disparou, malia que fallou no disparo. Tras o tiroteo, José Luís L. foise da praia pero continuou polos arredores onde foi localizado por unha patrulla da Policía Nacional que lle deu o alto. O acusado levaba na bandoleira o revolver e segundo o fiscal meteu a man nela para sacar a arma e disparar aos axentes que se abalanzaron sobre el, e finalmente lograron reducido. En dependencias policiais, sostén a acusación, o detido continuou con actitude agresiva cara aos axentes. O fiscal pide 20 anos de cárcere por asasinato, 10 por intento de asasinato, outros 10 por homicidio en tentativa e 2 por tenencia ilícita de armas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: