www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 19 de Setembro de 2020

Un milleiro de camións atravesarán Chapela coa posta en funcionamento da rotonda de Rande
Sociedade • 21/06/2010
Autor: Ana Prieto

Dentro de dous meses estarán rematadas as obras da glorieta na saída da AP-9 en Cabanas. Nese momento o Concello de Vigo prohibirá o paso de trailers por Sanjurjo Badía, en Teis. Deste xeito os camións veranse obrigados a coller a autoestrada ata a saída de Redondela e facer o cambio de sentido na glorieta para volver por Chapela ata as industrias frigóricas de destino.


Augúranse máis problemas para o tráfico en Chapela coa posta en funcionamento da rotonda en Rande. Unha vez rematadas as obras o Concello de Vigo prohibirá o paso de tráfico pesado pola avenida Sanjurjo Badía, polo que os camións se desviarán pola autoestrada, collerán a saída de Redondela e farán o cambio de sentido na nova rotonda para dirixirse a Chapela. Calcúlase que serán máis dun milleiro os trailers que utilicen habitualmente este traxecto. Será no prazo aproximado de dous meses, cando está previsto finalizar a construción da glorieta de Cabanas, á saída da AP-9 . Entón os camións que saen do Porto e cruzan agora Teis cara ás industrias frigoríficas de Chapela deberán incorporarse directamente á autoestrada, abandonala antes de entrar na ponte, e regresar pola N-552 e a avenida de Vigo para chegar ao seu destino. A glorieta, de grandes dimensións, permite o xiro dos camións, unha manobra agora inviable. Cando estea operativa, o departamento de Tráfico de Vigo instalará sinais en Sanjurjo Badía para advertir de que non está autorizado o paso aos camións de máis de dez toneladas. Actualmente están en vigor en Vigo 2.500 autorizacións, o 40%, uns 1.000 camións, cruzan Sanjurjo Badía. A partir de agosto farano por Chapela.

Comentarios
Víctor Manuel
Martes 22 de Xuño de 2010 ás 14:49 horas
Non querían Área Metropolitana ? Pois a ver se nos imos dando conta para que serbe! Para que Vigo decida para si por territorio periférico ou o que é o mesmo os Concellos da área e as súas coorporacións municipais a representación política d@s veciñ@s coon dereito a voto dese concello perden soberanía Vigo decide por todos só en beneficio propio. A Área Metropolitana prioriza o centro ao que beneficia pisando a periferia. Máis ou menos o que pasa hoxe no noso Concello donde a prioridade invertir no epicentro casco urbán de Redondela mentres as aforas quedan case que en segundo plano Chapela ou no abandono outra parroquias do rural. E isto pasa cos servizos coma o lixo auga saneamento transporte público mantemento de estradas etc.

Por certo o interese principal dunha Area Metropolitana Viguesa é satisfacer as ansias de beneficio crecente das multinacionais prestadoras de Servizos amigas da clase política comarcal con máis representatividade. Un dos obxetivos será que poucas empresas multinacionais concentren os contratos de todos e cada un dos concellos de toda a área auga lixo parques e xardíns iluminación grua estacionamento limpeza cobro de impostos etc. ante a insolvencia dos concellos cas dificultades de opter novos cretos as multinacionais faranse donos e señores dos servizos subindo as tasas a prezos de primeira por servizos de terceira. Os perxudicados: veciños da periferia e traballadores.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: