Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O Atl. Vilar suma e segue
Deporte • 28/05/2018
Autor: Ana Prieto

O equipo de Mon Sanromán vén de proclamarse campión da Copa de Terceira Autonómica, logo de impoñerse na final ao Gondomar. Un ano "incrible" segundo o define o propio adestrador, logo de acadar o soñado ascenso a Segunda Autonómica. E o mércores continúan facendo historia, xa se medirán ao C.D. Choco na final da Copa Deputación da Fase de Vigo.


Gañou o atlético de Vilar o partido ante o Gondomar e xa é campión de Copa de Terceira Autonómica. O encontro, disputado no Campo Federativo de Coia, rematou con empate sen goles e dicidiuse nos penaltis, onde os redondeláns se impuxeron cun contundente 4-1. Nas gradas do campo vigués contaron co apoio dun importante grupo de afeccionados, que se desprazou a Coia para arroupar ao equipo, e aos que o club lle amosou o seu agradecemento. Un ano "incribe" para Mon Sanromán e o seu equipo, que logo de acadar o soño do ascenso a Segunda Autonómica, se fai tamén co seu primeiro título. E o soño aínda non rematou esta temporada. O mércores disputarán a final da Copa Deputación da Fase de Vigo ante outro equipo redondelán, pero de categoría moi superior, o C.D. Choco. Será no campo de San Martiño ás 21.30 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: