www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

O BNG denuncia que o acordo sobre o remanente "paraliza actuacións necesarias nas parroquias"
Política • 28/05/2018
Autor: Ana Prieto

Xoán Carlos González, edil do BNG, considera que o goberno de Javier Bas sacou adiante propostas para o gasto do remanente que non dan resposta "ás verdadeiras necesidades en moitas parroquias". Lamenta que se negociara o gasto de 1.600.000 euros de 2017 "en clave partidista".


Segundo o concelleiro nacionalista, o Concello de Redondela recadou máis dun millón de euros nas parroquias grazas á revisión catastral, que incrementou o pago do IBI a moitos propietarios. González entende que a partida que se levou a debate debería permitir facer inversións e infraestructuras "de calado", que non se abordan. Pon como exemplo a ampliación da ponte sobre a vía férrea en Casaldomonte, en Saxamonde, un proxecto "paralizado" xa que os cartos para adquirir os terreos necesarios "destináronse a outras partidas". En canto á renovación do Campo da Gándara, a obra vaise realizar en dúas fases, cando segundo o edil do Bloque podería facerse "cunha única actuación". Advirte tamén que infraestructuras que xa teñen financiamento dos fondos europeos, se inclúen agora co remanente do Concello "por interese partidista". Afirma González que, pola contra, outras actuacións que si deberían financiarse con estes cartos "non se van executar", como é o caso do saneamento nas parroquias onde aínda existen zonas sen este servizo básico.A proposta do goberno local para o gasto do remanente saíu adiante co apoio dos concelleiros de AER. Inclúe actuacións como a pista de skate e baloncesto na zona da Marisma, a rehabilitación da escola antiga de Cedeira e a casa cultural do Viso. Tamén a reforma do campo de fútbol da Gándara e a rehabilitación da escola de Trasmañó. PSOE, BNG e concelleiro non adscrito optaron pola abstención alegando que se trataba de obras "electoralistas".


Mellora o acceso da praia de Cesantes


A Concellaría de Vías e Obras de Redondela vén de rematar os traballos para ampliar o vial de acceso á praia de Cesantes. A obra consistiu na construción dun muro de contención en paralelo á vía do tren que permitiu ensanchar un tramo de estrada. Trátase dunha mellora importante nunha vía con moita afluencia de tráfico, sobre todo na época estival, xa que se trata do principal acceso á Praia da Punta.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: