www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

O club de Remo Chapela participa no Campionato Galego de traiñeiriñas
Deporte • 25/05/2018
Autor: Ana Prieto

O C.R. Chapela participa en Meira na categoría absoluta feminina na primeira quenda, xunto con Náutico de Riveira, Perillo e Vilaxoán. Previamente á disputa das finais celebrarase a Bandeira Illa de Samertolaméu de Traiñeiras de Veteranos, na que tamén participa Chapela, xunto a Ares, Muros, Rianxo e Samertolaméu.


A enseada de Meira acollerá este fin de semana o Campionato Galego de Traiñeiriñas, que repartirá as prazas para as embarcacións que acudirán unha semana máis tarde ao Campionato de España da especialidade. En total serán 22 os barcos que competirán nas tres categorías previstas: absoluto feminino, xuvenil masculino e absoluto masculino, nunha proba que organiza a Sociedade Deportiva Samertolaméu. As eliminatorias desenvolveranse o sábado a partir das 17.30 horas. O C.R. Chapela participa na categoría absoluta feminina na primeira quenda, xunto con Náutico de Riveira, Perillo e Vilaxoán. Na segunda farano Coruxo, Poboa, Cabo de Cruz e Samertolaméu. En xuvenil masculino competirán na primeira quenda Muros, Vilaxoán e Tirán e na segunda farano Samertolaméu, Amegrove e Rianxo. E, finalmente, na categoría absoluta masculina a primeira quenda estará formada por Cabo de Cruz, Poboa, Vilaxoán e Club de Mar Bueu e a segunda terá como contendentes a Samertolaméu, Tirán, Rianxo e ao Club Mariñeiro de Mera. Os dous primeiros clasificados de cada quenda e o terceiro que realice mellor tempo gañaranse praza na final do domingo, que terá lugar a partir das 11.30 horas. A entrega de trofeos está prevista para as 13 horas.


Traíñas Veteranos


Previamente á disputa das finais celebrarase a Bandeira Illa de Samertolaméu de Traiñeiras de Veteranos. A cita será ás 10.45 horas, coa participación das embarcacións de Ares, Muros, Rianxo, Chapela e Samertolaméu.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: