www.radioredondela.com | Hoxe é Sábado, 23 de Febreiro de 2019 |
Homenaxe a Gastón Marfil en Chapela
Deporte • 25/05/2018
Autor: Ana Prieto O Campo de Parada, en Chapela, acollerá este domingo un torneo de homenaxe a Gastón Esteban Marfil Benito, xogador xuvenil do club de Chapela falecido. No cuadrangular participarán, ademais do equipo anfitrión, o Gran Peña, Lavadores, Sárdoma e UD. Ribeira. O club de Chapela C.F. exercerá de organizador da merecida homenaxe ao xogador, falecido por unha enfermidade o pasado mes de abril aos dezasete anos de idade, sendo xogador en activo do equipo xuvenil do Chapela CF. Gastón Marfil tamén militou no Gran Peña, o Lavadores e o Sárdoma, que tamén participarán no torneo, que contará ademais co UD Ribera, todos en categoría xuvenil. O torneo será un cuadrangular con enfrontamentos entre todos os equipos dende as 10:00 ata as 14:20 horas onde se procederá á entrega de trofeos para todos os participantes. Antes do inicio farase unha homenaxe ao xogador en colaboración con todos os equipos e as institucións.
|
Comentarios |
|
|