www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Insólita imaxe en Chapela co aterramento dun helicóptero nas proximidades do Centro de Saúde
Sucesos • 25/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Un helicóptero do 061 tomaba terra na xornada de onte na Avenida de Redondela logo de que se solicitasen os seus servizos dende o Centro de Saúde da parroquia a raíz dun paciente que presentaba unha doenza de tipo coronario. Para facilitar que a aeronave tomara terra efectivos da Policía Local e Protección Civil cortaron o tráfico na estrada que comunica Redondela con Vigo ante a mirada atónita de curiosos e veciños. Finalmente o paciente foi trasladado en ambulancia.


Unha insólita imaxe a que se espallaba onte polas redes sociais e á que asistían atónitos moitos veciños da N-552 e condutores que circulaban pola vía ao redor das dúas da tarde: a presenza dun helicóptero que tomaba terra en medio da estrada. Unha chamada do Centro da Saúde motivou a presenza da aeronave para atender unha urxencia médica, malia que finalmente o paciente foi trasladado en ambulancia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: