Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

O Meirande retoma as visitas teatralizadas
Cultura • 24/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A aula de interpretación da Batalla de Rande e antiga fábrica do Alemán ofrece, como parte do seu traballo de difusión da cultura museística ao redor da famosa batalla naval, novas visitas teatralizadas. Están programadas para este próximo domingo día 27 de maio e para o domingo día 17 de xuño. Reserva de prazas no 986 45 88 91.


Cada día faranse dous pases, durante os cales os participantes terán a oportunidade de gozar de pequenas pezas teatralizadas, con personaxes caracterizados, e que axudarán a entender mellor o contexto e os sucesos ocorridos durante aqueles días.


Os horarios das visitas son o primeiro pase ás 17:00 horas e o segundo ás 18:15 horas.


Malia ser a entrada gratuíta é necesario inscribirse previamente chamando ao museo ao 986 458 891, xa que as prazas están limitadas.


Estas visitas, moi demandadas en pasadas edicións, axudan a dar a coñecer todo o patrimonio de Rande, e así mesmo a existencia deste museo, que pode ser visitado por terra e por mar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: