www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Arcade acolle o domingo a 3ª carreira de orientación Concello de Soutomaior
Deporte • 23/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Unha actividade que se organiza no entorno urbano de Arcade a cargo do club de Montañeiros A Roelo de Pontevedra co obxectivo de iniciar no deporte da orientación a todo aquel que o desexe. A actividade é gratuíta para os empadroados en Soutomaior ou federados, o resto das persoas terán que abonar unha taxa de entre 2 e 8 euros dependendo da categoría na que se inscriba.


A orientación é unha actividade física ao aire libre que nos permite gozar da contorna, xa sexa urbano ou natural. O deporte en si consiste en ir localizando uns postos de control ou balizas situadas no terreo. Para iso, dispoñemos da axuda dun mapa no que aparecen sinalados con precisión os lugares onde se atopan ditas balizas.


Os controis estarán dispostos polo centro urbano en lugares que nos poden ser familiares; por tanto, será difícil perderse, pero os participantes deberán saber situarche no mapa, porque de nada serve correr moito se un non é capaz de atopar os postos de control.


Esta proba será o domingo 27 a partir das 10:00. Contarase cunha única modalidade (a pé), con tres percorridos: Iniciación nenos cun nivel de esixencia físico e técnico baixo, iniciación de adultos no que poden participar tanto adulto como nenos con experiencia e o nivel avanzado que presenta xa un nivel de esixencia físico e técnico alto, só para federados en orientación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: