www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

Visita nocturna aos petróglifos de Ventosela
Cultura • 22/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A vindeira visita guiada polo arqueólogo da empresa A Citania, Xurxo Constela ao patrimonio arqueolóxico de Redondela será na noite do sábado 26 para coñecer e visitar os petróglifos de Ventosela. Polo espazo reducido do lugar onde se atopan estes gravados, desta quenda malia seguir sendo de balde, precisa de inscrición previa no teléfono 600381782, ata cubrir 25 prazas.


Organizar estas visitas en horario nocturno permite apreciar en maior medida os gravados existentes nas rochas que son alumeados cunha lanterna. Os participantes poderán gozar da visión dos distintos motivos que conforman este conxunto rupestre. Dende figuras abstractas e esquemáticas, combinación circulares e tamén motivos zoomorfos con representacións de diferentes animais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: