www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Decembro de 2018

Érguete imparte unha charla sobre a resolución de conflitos na familia
Sociedade • 21/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle o martes ás 19.00 horas a charla "Resolución axeitada de conflitos" destinada ás familias con fillos/as das etapas infantil e primaria. Unha actividade enmarcada no Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Aditivas da Xunta de Galicia que a Asociación Érguete está a desenvolver no Concello de Redondela.


Os obxectivos desta charla son reflexionar e analizar os diferentes conflitos que teñen lugar no ámbito familiar, coñecer estratexias de intervención ante a posible aparición dos mesmos, identificar os erros habituais á hora de resolver ditos conflitos así como establecer as bases para conseguir unha comunicación efectiva. Pais e nais recibirán pautas de negociación para establecer vías de diálogo e de resolución de problemas cos fillos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: