Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

O PSOE critica a "mala ubicación" elixida para os semáforos na N-550
Política • 21/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Aseguran que a ubicación elixida para instalar o grupo semafórico da N-550 non é a axeitada, xa que non regula o tráfico procedente da Rúa das Cardosas. Explican os socialistas que os vehículos que acceden a nacional dende ese vial non contan con boa visibilidade e que son frecuentes os accidentes. Critican ao goberno local por non ter supervisado a colocación dos semáforos.


A ubicación elixida por Fomento para a instalación dun grupo semafórico que regule a contorna da rotonda de entrada a Redondela onde conflúen a N-550 e a N-555 non convence aos socialistas. Aseguran que á hora de colocar estes semáforos non se tivo en conta a falta de seguridade existente na saída que posibilita diferentes direccións dende a Rúa das Cardosas cara a N-550 o que levou a "moitos veciños e veciñas a trasladarlles as súas queixas debido a que é unha zona en costa que da paso á N-550 onde podes escoller dúas direccións. A contorna da zona, a cal só posúe un stop para regular o tráfico, non permite unha visibilidade óptima e son frecuentes os accidentes entre vehículos. A esta falta de visibilidade, súmase que moitos viandantes circulan e cruzan por está zona xa que os autobuses soen parar a carón da Rúa das Cardosas".


Para os socialistas "a falta de xestión do PP é evidente cando non supervisa a seguridade vial total da contorna".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: