www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

A biblioteca de Chapela convida aos máis pequenos a gozar dos contaconcos
Cultura • 21/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Non podía faltar nas bibliotecas de Redondela unha homenaxe a María Victoria Moreno, protagonistas este ano do Día das Letras Galegas. Será cun contacontos enmarcado na programación dos venres cativos do servizo de Normalización Lingüística que se desenvolverá o venres ás seis da tarde. Con todo, as actividades nesta biblioteca arrancarán xa o mércores cun contacontos inclusivo as sete da tarde.


A biblioteca de Chapela, no Multiúsos do Piñeiral do Crego, celebra esta semana dúas actividades infantís o mércores ás 19:00 horas e o venres ás seis. Un contacontos inclusivo a cargo da Fundación Xoga será a encargada de achegar aos máis cativos varias historias, algunhas moi coñecidas, narradas simultaneamente en galego e en lingua de signos.


Unha actividade orientada a cativos de 2 a 6 anos con entrada libre.


Tamén completamente de balde a outra propostas enmarcada na programación das Letras galegas e que leva por título "Contos no faiado" con María Ortiz, quen percorrerá algunhas das historias máis emocionantes da escritora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.


Unha propostas para o venres 25 ás 18:00 h., unha das actividades dos Venres Cativos do programa Apego, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística. A proposta está orientada a nenos a partir de 5 anos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: