www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

O Colexio de Laredo estrea a longametraxe "Laredo nun día"
Cultura • 18/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela acolle hoxe ás 17:30 horas a proxección da película realizada polo alumnado e profesorado do colexio Laredo. Baseada no concepto da película Life in a Day, dirixida por Kevin Macdonald e producida por Ridley Scott, e  Spain in a Day dirixida por Isabel Coixet nesta película participaron un total de 110 familias que compartiron unha escena da súa vida acontecida no 10 de marzo deste ano.


O obxecto da película é dar vida e voz ás historias da comunidade educativa e co obxectivo de traballar a educación emocional no alumnado creando unha película integramente gravada polas familias un dia determinado (10 de marzo 2018), no que se reflicten os medos, alegrías e soños do noso centro; o noso día a día. Favorecendo a creación dunha película social de corte educativo e innovador creada e rodada polo alumnado.


Como toda Premiere que se prece o alumnado e familias deberán ir de etiqueta, terán alfombra vermella, fotocall e ágape posterior á proxección de 60 minutos de duración.


En total foron máis de 160 minutos de metraxe recibidos de 130 clips de 110 alumnos e familias do centro (3 a 12 anos)  que contaron un minuto da súa vida un día concreto!


Existen 3 versións da película: Formato curtametraxe de 30 minutos, longametraxe 60 minutos e maratón 150 minutos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: