www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Maio de 2018

A Banda Artística de Arcade celebra o seu 150 aniversario cun concerto en Talo Río
Cultura • 11/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Unha data para conmemorar: século e medio sobre os escenarios ofrecendo concertos pero tamén formando novos músicos. Durante todo o ano teñen previsto celebrar diferentes actividades e a máis inmediata será este sábado día 12 cun concerto na Alameda de Talo Río ás 20:30 horas no que ademais da Banda Artística de Arcade actuará a Agrupación Musical da Limia de Ourense.


A Banda Artística fundouse no ano 1868 polo que neste ano 2018 cumpre o seu 150 aniversario. Atrás quedaron centos de verbenas, procesións, concertos, e mellores e peores recordos desta Banda de Música que segue batallando e formando novos músicos.


Para celebralo, e dentro dun dos actos programados para este ano, este sábado 12 de maio a partir das 20,00 horas celebrará na Alameda de Tallo Río un concerto no que actuarán a Agrupación Musical da Limia (Ourense) e a propia Banda Artística de Arcade.


En caso de mal tempo o acto trasladarase ao Multiusos de Arcade


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: