www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

Alén Nós presenta o libro biográfico da política e avogada Doris Benegas
Cultura • 10/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Presentación do libro "Doris Benegas. Una luchadora del Pueblo" na Casa da Cultura hoxe xoves ás 20:30 horas enmarcada dentro do ciclo As Conversas de Alén Nós. Un acto que contará coa presenza do nacionalista Guillerme Vázquez e Luís Ocampo.


Unha charla na que se presentará a figura de Doris Benegas (1951-2016), avogada, feminista, sindicalista e militantes de CCOO así como dirixente do Movemento Comunista. Un activismo que a levou a ser detida varias veces durante o franquismo.


Foi promotora tamén de accións reivindicativas como o recurso no 1975 ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo coa finalidade de obter a nulidade da sentenza á morte de Humberto Baena Alonso, un dos cinco últimos executados na ditadura franquista.


Máis recentemente, no 2012 foi imputada pola Audiencia Nacional por organizar a manifestación "Rodea el Congreso" e no 2014 querelouse contra Cristina Cifuentes por prohibir a exhibición de simboloxía republicana durante a proclamación como rei de Felipe VI. Unha intensa vida que acabaría prematuramente e que é recollida nesta publicación que será presentada esta mesma tarde na Casa da Cultura.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: