www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Intercambio de libros na Alameda para celebrar o Día das letras galegas en Redondela
Política • 9/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG organiza este venres unha xornada de intercambio de libros en galego que busca conmemorar doutro xeito o Día das Letras Galegas. A actividade desenvolverase este venres día 11 entre as 18:00 e as 21:00 horas na Alameda de Redondela e busca tamén involucrar os máis pequenos polo que se poderán intercambiar libros de literatura infantil, xuvenil ou adultos.


Dende a organización nacionalista convidan a veciñanza de todas as idades a participar deste evento, traendo un libro e levando outro. En palabras do seu Responsábel Local, Anxo Lusquiños "pretendemos que sexa unha xornada de festa e de reivindicación da nosa lingua, fronte as políticas de acoso e derribo cara o galego, postas en marcha  pola  Xunta de Galiza e polo goberno do PP".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: