www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

Concerto benéfico a favor de Andaina a cargo da Banda de Música de Chapela
Cultura • 9/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A banda de música de Chapela organiza este sábado ás 19:00 horas no Multiúsos do Piñeiral un concerto benéfico a favor da asociación Andaina de Redondela. As entradas teñen un prezo de 5 euros adultos e 2 euros nenos menores de 14 anos. Todo o recadado será doado ao colectivo que traballa con persoas con necesidades especiais e as súas familias.


Acadar a integración social no ámbito escolar e familiar actuando fundamentalmente a nivel local, difundir, concienciar e sensibilizar sobre a diferenza, loitar polos dereitos dos nenos/ as para que poidan construír o seu futuro en condicións de igualdade plena son os obxectivos cos que traballa Andaina. Para favorecer e colaborar nese traballo a Banda de Música de Chapela doa a recadación integra da billeteira a Andaina.


As entradas están xa á venda nas oficinas da Asociación Cultural de Chapela no Multiúsos do piñeiral a un prezo de 5€ para adultos e 2€ para nenos ata 14 anos.


Tamén, aquelas persoas que o desexen, poden realizar as súas achegas á fila 0 realizando os seus ingresos na Conta de Andaina ES88 2100 2989 1502 0007 6790.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: