www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 6 de Xuño de 2020

Os equipos de normalización critican a falta de apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística
Cultura • 18/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Entende que as trabas o escaso apoio da administración galega para impulsar o galego nas aulas está detrás da dimisión dos Coordinadores provinciais de Política Lingüística. Critican ademais o custe económico que para os pais vai supoñer ter que comprar os libros de texto o vindeiro ano ao quedar inutilizados os existentes nos centros pola entrada en vigor do decreto


Os equipos de normalización dos centros educativos de Redondela mostran a súa preocupación ante a dimisión en bloque dos coordinadores de Política Lingüística.


Entende que a súa renuncia responde á actitude da Secretaría Xeral de Política Lingüística dende onde se están a desenvolver políticas de reducción nas contías económicas que se achegan ás equipas de normalización, póñense dificultades á hora de solicitar subvencións e non se recoñecer a súa función. comprenden os motivos que levaron os coordinadores provinciais a presentar a súa renuncia ao cargo que se fera efectiva a partir de setembro coincidindo ademais coa entrada en vigor do novo decreto do galego.


Libros de texto


Nos centros hai ademais malestar ante o gasto que supón a decisión da Xunta de retirar os libros de texto en galego por mor da entrada en vigor do decreto. As familias terá agora que asumir a compra de novos libros cando os existentes nos centros -que foron pagados con cartos públicos- van ser retirados por non estar en lingua española.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: