www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

AER pide a paralización das obras no Maceiras ao non contar coa autorización de Augas de Galicia
Política • 7/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Os traballos de acondicionamento do paseo do Maceiras no seu tramo final debían estar xa rematados pero, debido as chuvias dos últimos meses a actuación foise retrasando e non sería ata este mes de maio cando novamente se puxeron en marcha. Logo de coñecer este feito dende a Agrupación de Electores solicitaron por rexistro que os traballo se paralicen de xeito inmediato xa que dende Augas de Galicia advírtese que "os traballos non se poderán executar entre abril e xuño, ambos incluídos, ao coincidir co período de reprodución e cría da fauna da foresta".


 


Dende AER critican ao concelleiro responsable de Medio Ambiente por permitir esta actuación "non sabemos se o concelleiro é un incompetente por non coñecer as condicións da autorización de Augas de Galicia ou un inconsciente por coñecelas e facer caso omiso delas". Engaden que no caso de que o Concello sexa sancionado economicamente por incumprimento das condicións da autorización, "dende AER esixiremos que pague o concelleiro do seu peto ou o Partido Popular. Non sería de recibo que o seu mal labor se pague con cartos públicos de toda a veciñanza".


Conclúe a Agrupación de Electores lembrando que esta formación opúxose a esta obras que na súa opinión eran "totalmente innecesarias xa que a senda xa existía e estaba a ser utilizada pola veciñanza. Así llo fixemos saber no seu momento ao equipo do goberno recomendándolles unha actuación branda de desbroces puntuais cando foran necesarios, retirada de flora invasora e repoboación con flora autóctona. Fixeron caso omiso e preferiron gastar 50.933,18 € en desnaturalizar o río".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: