www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

Xornadas de portas abertas no Castelo de Soutomaior
Cultura • 7/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O castelo de Soutomaior ofrecerá ao visitantes seis xornadas de portas abertas este mes

A entrada gratuíta será os días 13, 20, 21, 22, 24 e 25, e no últimas catro datas inclúense percorridos guiados que requiren unha inscrición previa no enderezo castelodesoutomaior@depo.es.


A Deputación ofrecerá seis xornadas de portas abertas durante este mes para descubrir esta fortaleza que vén de ser remodelada co obxecto de facela máis interesante e interactiva para o visitante. As datas das visitas gratuítas serán os días 13,20, 21, 22, 24 e 25 de maio. O obxectivo, segundo anunciou a presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, é que "toda a cidadanía teña a oportunidade de descubrir, de primeira man, a historia do castelo e dos seus personaxes a través da musealización realizada no recinto histórico".


As xornadas de portas abertas comezarán o día 13 de maio, entre as 16.00 e 19.00 horas a través da visita libre ao recinto. O día 20 de maio, tamén mediante visita libre, amplíase o horario para que as persoas poidan coñecer o proxecto de musealización entre as 10.00 e as 19.00 horas. Os días 21, 22, 24 e 25 de maio, tamén de 10.00 a 19.00 horas, haberá a posibilidade de realizar o percorrido polo castelo a través de visitas libres e guiadas. Para participar nas visitas guiadas, que se realizarán ás 11.00 e 17.00 horas, será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico castelodesoutomaior@depo.es, xa que as prazas están limitadas a un máximo de 22 persoas por grupo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: