www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

O BNG cualifica de "delpilfarro" o gasto de 20.000€ en dúas cortinas para o pavillón de A Marisma
Política • 3/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Os nacionalistas critican ao goberno local por incluír este investimento no Plan Concellos da Deputación. Explican que se trata dunha partida de 19.360 euros para dúas cortinas para esta infraestrutura deportiva. Un gasto que cualifican de "derroche" e que vén sumarse a outra compra que entenden excesiva, a adquisición dun piano de cola cunha partida de 38.000 euros, tamén con cargo a achega procedente da Deputación.


Novamente con cargo ao Plan Concellos da Deputación, do que Redondela disporá de 1.172.000€, o goberno municipal de Redondela fará fronte a unha "urxente adquisición", en palabras do concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González "unha partida de 19.360€, para dúas cortinas para o pavillón de A Marisma.


Para o BNG este tipo de investimentos demostra "novamente que esta colaboración da Deputación sérvelle ao goberno de Javier Bas para adquisición de bens irrelevantes. Existen outras prioridades nas que se deberían investir estas axudas: dende melloras na accesibilidade en edificios públicos, saneamento, abastecemento de auga, seguridade viaria, recuperar a antiga Casa do Mar".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: