www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Pasado e presente interactúan no "novo" Castelo de Soutomaior
Cultura • 3/05/2018
Autor: M. X. Queimaliños

María Vinyals, Pedro Madruga e Cristobal Colón son os principais personaxes cos que se van atopar os visitantes do Castelo, que poderán acceder a esta fortaleza a partir do vindeiro día 11, data prevista para a súa inauguración. Unha musealización que correu a cargo da Deputación de Pontevedra e que busca  dar a"coñecer o noso territorio e a nosa historia, porque nas pedras deste castelo está escrita a historia de Galicia". A actuación inclúe paneis ilustrativos e informativos, e unha aposta polas "tecnoloxías máis avanzadas, con caixas máxicas, vídeos e un mapping sorprendente".


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e á deputada da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Eva Vilaverde, visitaron a nova musealización do Castelo de Soutomaior que será inaugurada o 11 de maio "nun evento no que haberá sorpresas moi relevantes", en palabras de Silva


A presidenta da Deputación, que percorreu as distintas salas e espazos do Castelo dotadas de novos elementos interactivos, informou que este mesmo mes de maio sairán xa á venda as entradas para o castelo a un prezo de 5 euros e que haberá entradas gratuítas ou con importantes descontos para persoas maiores, desempregadas, estudantes ou persoas con diversidade funcional, quen abonarán 2,5 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: