www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

A SAR despídese da categoría
Deporte • 30/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A derrota da SAR ante o Rodosa Chapela no derbi do pasado sábado sentencia ao equipo a despedirse da primeira nacional. O conxunto de Redondela loitou ata o final e en varias ocasión colocouse a tan só un gol do Rodosa Chapela nun partido que chegaba ao descanso cun 10-13 e que remataba co definitivo 25-26 que condena a SAR ao descenso.


Relegados á penúltima praza da categoría con tan só 12 puntos no seu haber, a Sar Plastic Omnium despídese da categoría  logo de non ser quen de facerse cos puntos en xogo no derbi disputado este sábado no pavillón municipal da Marisma. Partido no que a SAR se xogaba o seu futuro e no que loitou ata o final, perdendo pola mínima ante o Rodosa Chapela. 25-26 resultado final que condena á SAR cando tan só queda unha xornada para despedir a liga. O último dos partidos será o vindeiro domingo no campo do Seaplast Cañiza.


Pola súa banda o Chapela recibe no pavillón da parroquia ao Acanor Novás, dende unha cómoda cuarta praza o Rodosa enfróntase ao líder.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: