www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Música e cine no Multiúsos para inaugurar o Redondela en curto
Cultura • 26/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O festival de curtametraxes de Redondela arranca hoxe a súa programación aberta ao público en xeral logo de tres días de actividades orientadas aos escolares. Faino coa música do grupo Pilmart e a presenza de tres actores de recoñecido prestixio: Monti Castiñeiras, Mabel Rivera e o redondelán Andrés Giráldez. Será ás 21:00 horas e a continuación terá lugar o pase dos primeiras curtas a concurso: a cinta de animación Nouvelle Cuisine, a galega Matria de Alvaro Gago e os títulos madre e El alquiler. O festival lanza ademais unha aplicación móvil para manter informados aos espectadores.


O Multiúsos da Xunqueira acolle ás 21:00 horas de hoxe a gala inaugural do XIV edición do Redondela en Curto, que estará guiada pola presentadora Cristina Maró e o actor redondelán Miguel Borines. Nela renderase homenaxe aos actores Monti Castiñeiras, actualmente de moda grazas ao seu papel de Colombo na serie Fariña, á gañadora dun Goya Mabel Rivera, e ao actor redondelán Andrés Giráldez.


Para amenizar o acto se contará coa agrupación musical Pilmart, quen fará un repaso polas pezas de jazz máis representativas no cinema e viceversa, un percorrido por aquelas composicións que se converteron en clásicos logo de aparecer nos filmes.


Ao rematar, os asistentes poderán gozar da proxección do primeiro bloque de curtametraxes da Sección oficial do festival, que está integrado polos filmes "Matria", "Nouvelle cuisine", "Madre" e "El alquiler".


Aplicación móbil


A organización do festival vén de lanzar unha aplicación mediante a cal os espectadores


poderán acceder a toda a información dende os seus dispositivos móbiles. A aplicación xa pode descargarse de maneira gratuíta dende o Google Play Store.


A app Redondela en Curto inclúe a programación completa do festival, así como os horarios de cada un dos pases, información sobre os artistas convidados e as sinopses e os tráilers das curtametraxes que se proxectarán a partir de hoxe e durante toda a fin de semana no Multiúsos da Xunqueira.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: