www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 17 de Outubro de 2018

O BNG demanda que se mellore a accesibilidade na Biblioteca de Arcade
Política • 26/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A biblioteca pública de Arcade soporta dende hai décadas un problema de acceso para as persoas con mobilidade reducidas, ao estar ubicada nun "entresuelo" e non contar con ascensor. Esta situación impide o acceso tanto ás persoas con mobilidade reducida como os pais que levan o carriño cos nenos ao teren que salvar un importante tramo de escaleiras para chegar ata as salas da biblioteca.


Esta situación, que leva sendo denunciada polo BNG leva dende hai máis dunha década continúa sen solución, a pesar de que o goberno local anunciounas en varias ocasións na prensa. A última vez foi hai un ano, cando nos orzamentos do ano 2017 o goberno se comprometeu a solucionar este problema, sen embargo un ano despois, a situación continúa no punto de partida.


Ante as queixas da veciñanza, o portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo preguntou no último pleno pola situación do acceso á biblioteca e o goberno local recoñeceu que o proxecto fora denegado polo que teñen que empezar o trámite de novo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: