www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

Mesa redonda para analizar o papel da muller no audiovisual
Cultura • 25/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Tres mulleres vinculadas ao mundo audiovisual serán as encargadas de analizar, avaliar e conversar cos asistentes a esta charla a situación actual do sector, así como a presenza da muller neste ámbito. Son a  videógrafa Andrea Area, a guionista Carmen Conde e a fotoxornalistas Alba Sotelo. O mércores ás 20:30 horas na Casa da Cultura organizado por Paxaretas.


Aproveitando que esta semana se celebra na vila o festival Redondela en Curto, a Asemblea Feminista Paxaretas organiza hoxe unha mesa redonda baixo o título "Muller e audiovisual" co obxectivo de afondar no papel e o protagonismo das mulleres neste sector en Galicia. A actividade desenvolverase na casa da cultura este mércores ás 20:30 horas. Carol Sertal, integrante de Paxaretas, será a encargada de moderar a conversa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: