www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

A ANPA do Colexio Igrexa necesita 400 euros para manter o comedor escolar ata final de curso
Sociedade • 24/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Na xornada de hoxe organizan un mercadiño solidario para obter fondos e poder así garantir o funcionamento do comedor escolar neste último trimestre. O mercadiño celébrase nas instalacións do centro educativo e consiste na venda de libros que foron cedidos pola biblioteca, os mestre e doazóns particulares de pais e nais que colaboran así tamén desta iniciativa.


O comedor deste centro atende a un total de 18 nenos e supón un servizo importante para os pais e nais que buscan así conciliar vida laboral e familiar. Os comedores dalgúns centros están xestionados directamente pola Xunta, pero noutros casos é a Asociación de Nais e pais quen asume a súa xestión. Ese é o caso do Colexio Igrexa. As axudas que reciben da administración non son dabondo para manter os económico prezos que ofertan e, co obxectivo de non ter que incrementar os prezos as familias, tiran de imaxinación na procura de fondos.


Así, decidiron organizar hoxe un mercadiño solidario. Logo de facerse cunha importante cantidade de libros (cedidos polas bibliotecas, profesores e familias) poderán adquirirse esees exemplares ata as seis da tarde nas instalacións do Centro educativo. No caso de que a experiencia resulte satisfactoria non descartan facer novas convocatorias.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: