www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Os empresarios de Redondela organizan un encontro aberto co Conselleiro de economía
Sociedade • 23/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A xornada, que se celebra este martes no Pazo de Vilavella ás 19:45 horas, comprende un networking no que os representantes da Consellería atenderán de xeito individualizado as consultas e dúbidas dos asistentes. Pode confirmarse asistencia chamando ao 986404012 ou ao 658592332 ou no enderezo electrónico aer@empresasredondela.com.


O Pazo de Vilavella acolle mañá martes 24 unha xornada informativa sobre as axudas e servizos para as Pemes. Intervirán na Xornada ademais do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde o Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, o Subdirector de Información do IGAPE, a Directora Xeral de Comercio e Consumo e contará ademais coa presenza do Delegado Territorial da Xunta de Galicia e os Alcaldes da Comarca.


A Asociación de Empresarios de Redondela quere achegar unha nova visión estratéxica, aglutinando a todos o municipios do fondo da ría para dinamizar e potenciar oportunidades de desenvolvemento empresarial polo que convida aos empresarios de toda a comarca a participar neste encontro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: