www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Dous bateis de Chapela no Campionato de España
Deporte • 23/04/2018
Autor: Ana Prieto

O club redondelán clasificou dúas embarcacións para o Campionato de España de Bateis que se disputa a próxima fin de semena en augas de Meira. Acadaron o pase na regata xuvenil feminina e alevín masculina, logo de que nas dúas categorías se proclamase subcampión o C.R. Chapela.


Os tres primeiros barcos de cada categoría lograron o pasaporte para estar na proba estatal, e podería ser algún máis no caso de existir renuncias por parte de clubs de fóra de Galicia que decidan non asistir ao Campionato en Moaña. De ser así, algo habitual en pasadas edicións, o C.R. Chapela mesmo podería participar cun terceiro batel, o de categoría promesa feminina, que rematou na cuarta posición na final autonómica disputada onte na Pobra. Un campionato no que Vilaxoán foi o gran tiunfador. Os arousáns conquistaron tres bandeiras, colgándose ademais unha medalla de prata e tamén unha cuarta praza. Os duelos pechados xa se abriron na primeira regata dos alevíns femininas. Vilaxoán e Muros enfrontáronse a cara de can, seguidas moi de preto por Vila de Cangas e Tirán. Gañou Vilaxoán con só 30 centésimas sobre as muradás. Na final de alevíns masculinos sucedeu o mesmo e gañou tamén Vilaxoán, pero con Chapela a un segundo e Tirán e Cabo Cruz, a dous. En promesa feminino gañou Tirán con relativa facilidade sobre Rianxo, e o mesmo Vilaxoán en xuvenís e Náutico Riveira en absolutas. A final de infantís masculinos gañouna Amegrove, pero ofreceu un apertado duelo para a prata entre Mecos e Poboa. A proba de cadetes tamén deparou unha gran loita entre Mecos e Cabo da Cruz, que gañaron os do Grove. Os xuvenís de Samertolaméu impuxéronse con claridade e na última final, a dos absolutos, houbo moita igualdade, ata que a partir de metade de regata Bueu foise dos seus adversarios e conquistou a bandeira de campión. Seguíronlle Tirán, Cabana-Ferrol, Samertolaméu e Poboa.


Finais femininas: Alevíns: 1. Vilaxoán, 2.20:40; 2. Muros, 2.20:70; 3. Vila Cangas, 2.22:04; 4. Tirán, 2.23:70; 5. Celeiro, 2.32:49. Promesas: 1. Tirán, 4.24:93; 2. Rianxo, 4.26:75; 3. Vila Cangas, 4.31:24; 4. Chapela, 4.33:76; 5. Cabo Cruz, 4.36:02. Xuvenís: 1. Vilaxoán, 9.18:72; 2. Chapela, 9.29:68; 3. Poboa, 9.36:69; 4. Mugardos, 9.46:27; 5. Perillo, 10.03:31. Absolutas: 1. Náutico Riveira, 8.55:96; 2. Mecos, 9.07:56; 3. Poboa, 9.09:33; 4. Vilaxoán, 9.11:61; 5. Cabo Cruz, 9.28:41.


Masculinas: Alevíns: 1. Vilaxoán, 2.12:09; 2. Chapela, 2.13:28; 3. Tirán, 2.14:22; 4. Cabo Cruz, 2.15:22; 5. Cabana Ferrol, 2.22:98. Infantís: 1. Amegrove, 4.16:60; 2. Mecos, 4.19:42; 3. Poboa, 4.19:83; 4. Cabo Cruz, 4.30:19; 5. Náutico Riveira, 4.31:94. Cadetes: 1. Mecos, 6.15:43; 2. Cabo Cruz, 6.16:94; 3. Bueu, 6.20:61; 4. Ares, 6.26:84; 5. Robaleira, 6.29:39. Xuvenís: 1. Samertolaméu, 8.31:51; 2. Vilaxoán, 8.38:41; 3. Rianxo, 8.42:01; 4. Amegrove, 8.44:69; 5. Tirán, 8.56:57. Absolutos: 1. Bueu, 8.08:97; 2. Tirán, 8.12:09; 3. Cabana-Ferrol, 8.16:78; 4. Samertolaméu, 8.17:07; 5. Poboa, 8.20:28.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: