Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Redrum Teatro chega a Redondela coa obra "Estás aí?"
Cultura • 20/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado ás 20:00 horas unha nova proposta teatral coa comedia Estás aí?. A comedia, narra os desencontros dunha parella que tras mudarse a un novo apartamento vese obrigada a convivir cun personaxe invisible que non deixa de facerlles a vida imposible, ao tempo que lles fai reflexionar sobre a forma en que se comunican e a relación entre eles dous. As entradas teñen un prezo de 7€ xeral (5€ entrada reducida).


A compañía Redrum é unha das habituais xa no circuíto galego e chega a Redondela cunha obra inicialmente estreada en inglés en 2002 en Londres, e que posteriormente se estreou en español en 2004 en Buenos Aires. Nesta adaptación ao galego os actores Xulio Abonjo e Isabel Risco son os que dan vida a parella protagonista baixo a dirección de Alex Sampayo.


As entradas están xa á venda no propio multiusos de Redondela, ao prezo de 7 euros e 5 a reducida. Pódense facer reservas ao número de teléfono 986402865. A función é para público adulto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: