www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

Exposición Queimarte, un proxecto fotográfico do IES Illa San Simón
Cultura • 19/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Un proxecto colectivo elaborado polos alumnos do instituto baixo a supervisión de tres profesores que os animaron a achegarse ás zonas queimadas polos incendios do pasado mes de outubro e recoller en imaxes os efectos dos lumes. A exposición inaugúrase esta tarde ás 17:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e poderá verse ata o vindeiro 30 de abril.


Un proxecto fotográfico que ía ser outro e que se reconverteu nunha denuncia e nunha reflexión en torno aos incendios forestais. A proposta parte dun grupo de profesores, Carlos Ferro, Mónica González e Javier Iglesias e malia que nun primeiro momento ía versar en torno aos sentidos, os incendios do pasado mes de outubro deron un xiro a esa temática.


Finalmente os alumnos implicados no proxecto desprazáronse a zonas afectadas polos lumes e recolleron en imaxes a desolación que deixa o lume na natureza. Un xeito de loitar contra o esquecemento ao tempo que se traballan aspectos como a imaxe, a estética, o encadre e outros elementos vencellados coa fotografía.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: