www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Rescatados 6 cachorros dun contenedor de vidro en Cesantes
Sucesos • 19/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Axentes da Policía Local rescataron na mañá do martes seis cachorros con escasos días de vida abandonados no interio dun contenedor de vidro. A alerta dábaa un veciño que se poñía en contacto coa policía logo de escoitar aos animais nun contenedor situado no Alto dos Tras na parroquia de Cesantes e ser incapaz de acceder ao seu interior. Unha vez no lugar os axentes, coa axuda veciñal, lograron finamente rescatar os cans. Os cachorros foron entregados a Caan, o servizo de recollida de animais da Deputación, quen tentará atopar persoas responsables que queiran adoptar estas crías.


Dende a Policía Local fan un chamamento para que calquera persoa que poida achegar algún dato sobre o autor ou autores deste feito, penado por lei, se poña en contacto co concello ou coa propia policía.


Agora búscanse persoas responsables que queiran adoptar estes animais que aínda se alimentan por biberón.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: