www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

Espectáculo sensorial para bebés no Multiúsos
Cultura • 18/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O servizo de Normalización Lingüística organiza o venres 27 as 17:00 e as 18:30 horas unha nova actividade enmarcada no programa "Venres Cativos". Nesta ocasión os destinatarios son os máis pequenos, nenos de 0 a 3 anos de idade que poderán participar dunha "Alfombra máxica" para experimentar con todos os sentidos. A inscrición está aberta no teléfono 986 400300 ou no enderezo normalizacion@redondela.gal


"A alfombra máxica" é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear...


Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.


Monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.


O espectáculo está pensado para crianzas entre 0 e 3 anos, e enmárcase dentro do proxecto municipal "Venres Cativos".


O vindeiro venres 27 en duas sesións, ás 17:00 e ás 18:30 horas, con inscrición previa no teléfono 986400300 (Departamento de Normalización Lingüística) ou no mail normalizacion@redondela.gal , ata o 26 de abril.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: