www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

AER reitera en base aos informes municipais que o público pode asistir aos consellos parroquiais
Política • 17/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Un informe elaborado polo servizo de secretaría do Concello establece, segundo explican dende a Agrupación de Electores, que "as sesións do pleno dos Consellos Municipais Parroquiais deben ser públicas" e que polo tanto "non se pode expulsar nin pechar a porta á veciñanza que desexa asistir como oínte, iso si, sen voz nin voto".


AER presentara unha pregunta no pleno de xullo de 2017 acerca da actitude do presidente do consello parroquial de Chapela e actual Concelleiro de Medio Ambiente ao impedir a entrada de veciñanza de Chapela no pleno do Consello Parroquial. AER denunciou que o goberno local actuara de "xeito prepotente ao impedir neste e noutros consellos a entrada de público sen base xurídica contrastada, sendo aínda máis grave a cuestión, xa que tanto AER como outras entidades levaba tempo insistindo que non había base xurídica que amparase a celebración de consellos a porta pechada".


Do mesmo xeito, AER espera que dunha vez por todas se presente xa a proposta de novo regulamento de Consellos Municipais Parroquiais se recolla de forma expresa a conclusión do informe de Secretaría.


Por último, a Agrupación de Electores de Redondela demanda do goberno local de Redondela "valentía e altura de miras para pedir desculpas pola súa mala praxe nestes Consellos Parroquiais onde prohibiron a entrada da veciñanza".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: