www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Campaña de concienciación sobre a reciclaxe de residuos electrónicos en Soutomaior
Sociedade • 13/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A alameda Talo Río acollerá o sábado 14 e o luns 16 unha caseta informativa no que os veciños poderán depositar pequenos electrodomésticos. O punto informativo estará operativo entre as 11:00 e as 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. A caseta servirá como punto de recollida para os veciños que desexen aproveitar a ocasión para desfacerse dalgún electrodoméstico de pequeno tamaño.


Desde o Concello lembran que ademais desta iniciativa, tamén existen dous pequenos puntos limpos municipais nos que os veciños tamén poden depositar pequenos residuos deste tipo, como pilas, lámpadas, cds.


O Concello de Soutomaior, a través da concellería de medio ambiente, organiza unha nova campaña de concienciación cidadá sobre a reciclaxe. Do mesmo xeito que xa ocorreu na celebración da Festa da Ostra, unha caseta informativa sobre a reciclaxe de residuos eléctricos e electrónicos visitará Arcade para concienciar aos veciños sobre a necesidade de separar estes produtos e a mellor maneira de desfacerse dos pequenos electrodomésticos.


A iniciativa busca informar os veciños de cal é a mellor maneira de desfacerse dos pequenos electrodomésticos e aparellos electrónicos para reducir ao máximo o seu impacto no medio ambiente ademais do beneficio económico que repercute da reutilización de moitos dos elementos por parte da industria.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: