www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

"Senior", demasiado novo para ser vello e demasiado vello para ser novo
Cultura • 11/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre la crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas. Baixo a dirección de Avelino González é unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Os actores pregúntanse como enfrontarse e esa idade na que un xa non é novo pero aínda non se superou a madurez.


Así van afondar en grandes dilemas sobre esa idade a partir do medio século. Vístome como meu fillo ou como meu pai? Haberá cadeiras no concerto? Como estarei mañá se me tomo un gintonic?...


Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá pero que son a escusa perfecta para acompañar aos actores Luís Iglesia e Marcos Orsi este sábado 14 de abril ás 20:00 horas. As entradas pódense retirar xa no Multiúsos a un prezo de 7 euros entrada xeral (5 euros reducida).  


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: