www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Arrolos de salitre con Xabier Díaz e Guillerme Fernández
Cultura • 10/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle unha nova actividade enmarcada no programa dos Venres Cativos do Servizo de Normalización Lingüística. Nesta ocasión trátase dun pequeno obradoiro de arrolos para que as familias aprendan algunhas melodías tradicionais para durmir aos seus pequenos. Compre inscrición previa no enderezo normalizacion@redondela.gal. A actividade celebrarse o venres 13 de abril no Multiúsos da Xunqueira. Haberá dúas sesións: 17:30 e 18:30.


O Concello de Redondela organiza un novo acto dos Venres Cativos, incluído no proxecto Apego. Desta volta, un obradoiro musical, "Arrolos de salitre", coa participación dos coñecidos músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández.


Unha actividade de balde pero na que é preciso inscribirse previamente enviado un correo, antes do 11 de abril, cos datos da crianza e das persoas que veñan con el (máximo 2 adultos) a normalizacion@redondela.gal


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: