www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

Concerto do Cuarteto Musicantes na Igrexa de Santiago
Cultura • 6/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O ciclo Pórtico Sonoro déixanos este sábado un concerto ás 21:00h na Igrexa de Santiago de Redondela. A actuación correrá a cargo do Cuarteto Musicantes, cun repertorio de música medieval e do inicio do Renacemento composto por cantigas de Santa María, Danzas Francesas, inglesas e italianas e música sefardí. Unha actividade enmarcada dentro da programación da Concellería de Cultura con entrada de balde.


Con este ciclo, trátase de achegar esta diversa proposta musical a lugares propicios para escoitala, en parte porque algunha desta música escribiuse para ser escoitada en templos, e en parte por que pola propia sonoridade dos mesmos, son apropiados para escoitar música de cámara e voz a capella cunha calidade moi elevada.


Nesta ocasión, teremos a oportunidade de escoitar ao Cuarteto Musicantes, unha ensemble musical que busca e profunda na riqueza da música medieval e do Renacemento temperán, propóndonos un percorrido polos séculos XIII e XIV, composto por cantigas de Santa María, Danzas francesas, inglesas e italianas e tamén parte de música sefardí da época, maiormente de autores anónimos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: