www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

O Redondela F.S. quere facerse forte na casa
Deporte • 6/04/2018
Autor: Ana Prieto

Os pupilos de Javier Merino regresan do parón pola festividade de Semana Santa cun encontro na casa ante o Valadares. Os vigueses están por riba na táboa, pero os redondeláns confían nun resultado positivo, xa que se lles están a dar ben os equipos de arriba. xogan mañán sábado ás 16.15 horas no pavillón da Marisma.


Autonómica Sur


Redondela-Valadares


Os vigueses son 9º, con nove puntos máis que o Redondela. Pero a situación da táboa non é un problema para o equipo local, ao que esta temporada "se lle dan ben" os equipos de arriba. Fran Iglesias, directivo do club, aposta por un resultado positivo e apunta a necesidade de "facerse forte na casa". Xogarán mañán sábado ás 16.15 horas no pavillón da Marisma. Iglesias amósase satisfeito co cambio de tendencia do equipo, pero sinala que agora "hai que consolidalo con restultados". Advirte que aínda queda moita liga por diante "e non hai que despistarse". Están no posto 12º da táboa, a 7 puntos do descenso, pero cunha xornada máis disputada que o Arealonga, que marca a perda de categoría


Arealonga Construccións Castro- Lume Corbatas


Moi complicada a cita dos de Chapela, que reciben ao líder do grupo. Xogarase o luns, 9 de abril, ás 22.15 horas no pavillón de Chapela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: