www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

Concerto conxunto de alumnos de música de Redondela e de Teruel
Cultura • 5/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos da Xunqueira de Redondela acolle hoxe, ás 20.00 horas, un concerto titulado "Musicando de Teruel a Redondela" cos alumnos da Escola Pública de Música "Antonio García Abril" de Teruel, que participan nun intercambio cultural co Conservatorio "Víctor Ureña" de Redondela.


A actuación contará cun total de seis formacións creadas en ambas institucións, como grupos de clarinetes, bandas de saxos e a Xingro,s Big Band. En total participarán os 42 alumnos chegados dende Teruel e os 70 procedentes do conservatorio de Redondela, máis dun centenar de músicos que ofrecerán tamén actuacións conxuntas.


A entrada é gratuíta ata completar o aforamento.


A directora do conservatorio Elisa Arias, valora moi positivamente este tipo de actividade "que permitirá tamén que os alumnos de Redondela visiten Teruel no vindeiro mes de maio, coñezan a música e o folclore doutra localidade e participen dun intercambio que os enriquecerá a todos os niveis".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: