www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

Charla sobre o lobo ibérico na Casa da Cultura
Cultura • 5/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

"Lobo ibérico, anxo ou demo?..."é o título da mesa redonda organizada pola  Asociación de  Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela. Desde un enfoque multidisciplinar repasaranse os hábitos e hábitats do lobo e achegarannos á situación real deste carnívoro que a piques estivo de desaparecer nos anos 70, no ecosistema actual.


Un perigo para controlar ou unha especie para protexer?, como conxugar os intereses naturais e gandeiros?, que papel corresponde ás administracións? Un debate que arroxará unha visión global sobre o asunto e que está aberto a toda persoa que queira achegarse.


A actividade, que se desenvolverá na Casa da Cultura mañá venres ás 20:30 horas, está coordinada polo veterinario Iñaki de Miguel Bárcena coa participación de tamén veterinario e naturista, Francisco Lema. Colaboran as Bibliotecas Municipais de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: