www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

O Choco xuntou 200 quilos de alimentos no torneo de Semana Santa
Deporte • 4/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Club deportivo Choco agradece a colaboración de todos os participantes que posibilitaron recolle douscentos quilos de alimentos no pasado torneo de fútbol base celebrado nos campos de Santa mariña durante a Semana Santa. Os alimentos serán entregados a Cáritas que se encargará de repartir esa comida entre as familias máis necesitadas.


Deste xeito, a entidade de Redondela levou a cabo a parte solidaria dun evento deportivo que estivo marcado pola choiva, pero que se celebrou coa axuda de todos os voluntarios e os equipos participantes.


No cadro de gañadores, o Rápido de Bouzas foi o mellor na categoría prebenxamín por diante do Choco A. Entre os benxamíns, a vitoria foi para La Guía, que superou ó Beluso na final e o conxunto local do Choco A foi terceiro.


Toda a familia do Choco quere agradecer os participantes e familiares a colaboración na celebración do evento e tamén a súa contribución na recollida de alimentos non perecedoiros. Unha iniciativa que consideran moi positiva polo que o club ten previsto mantela no futuro e, na medida do posible, incrementala.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: