www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

Contacontos inclusivo na biblioteca de Redondela
Cultura • 28/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Fundación Filomena Rivero Alonso coa colaboración das Bibliotecas Municipais de Redondela organizan o luns día 2 de abril un conto inclusivo baixo o título "Imos buscar..." baseado no texto "Imos cazar un oso" de Michael Rose. Orientado a público familiar con nenos a partir dos 4 anos de idades a actividade terá lugar na sala infantil da biblioteca do Multiúsos ás 18:30 horas.


Unha aventura que fusiona a linguaxe verbal (lingua galega), xestual (lingua de signos) e audiovisual (proxección), recreando espazos imaxinarios cheos de sensacións táctiles provocados polos elementos da natura, auga, terra, vento, etc. Unha aventura de un día calquera, alén da tecnoloxía, recreando a liberdade do xogo e das sorpresas sensitivas que nos aporta a propia natureza. A entrada é libre e de balde


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: