www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

A falta de equipos obriga a suspender a XXXV Maratón Semana Santa do Redondela F.S.
Deporte • 27/03/2018
Autor: Ana Prieto

Onte era o último día para se incribir no torneo, que estaba previsto celebrar o xoves e venres, días 29 e 30. Pero non se cubriu o mínimo de quince equipos que a organización establecía para poder celebrar a maratón. O que si está a celebrarse con moito éxito é o I Torneo Vila de Redondela nas categorías benxamín e alevín, coa participarción de máis de 200 nenos e nenas.


Fran Iglesias, da directiva do club, lamenta ter que suspender esta cita deportiva, todo un referente no fútbol sala da provincia. Apunta que a nova normativa, que obriga á organización a contratar un seguro médico para os equipos, eleva a cuantía da inscrición, que este ano ascendía a un total de 100 euros. Por outra banda sinala un "cambio de filosofía" entre os equipos participantes, que hai anos eran máis "grupos de amigos que se inscribían para divertirse", mentres agora acoden cunha mentalidade "máis competitiva".


I Torneo Vila de Redondela


O que si está a celebrarse, e con grande éxito de participación, é o I Torneo Vila de Redondela en categorías benxamín e alevín. Máis de 200 nenos e nenas están a participar nesta cita que comezaba onte no pavillón da Marisma e que se prolongo todo o día de hoxe. A intención do Redondela F.S. é que este torneo poida asentarse no tempo e contar cos mellores equipos do panorama galego. Aínda que o obxectivo principal é fomentar e difundir a práctica do fútbol sala na festividade de Semana Santa e así cubrir o oco xerado polas competicións oficiais nesta época. E o máis importante, xerar un ambiente óptimo que propicie a confraternización entre os xogadores e clubs participantes. Nesta primeira edición o torneo conta con equipos de gran nivel, como son o Troula Betanzos F.S., Leis F.S., Colexio Apóstolo Santiago, Panxón Nigrán F.S., Colexio Labor, Baiña F.S, Fútbol en 40x20, Casa Paco 81 e o propio Redondela F.S.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: