www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Chaleco Reflectante faise co concurso de maquetas Millo Verde
Cultura • 26/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O grupo de Redondela impúxose ao seu rival, os vigueses The Mob Swing no concerto concurso celebrado na noite do sábado no recinto da antiga feira do gando. O mal tempo non desanimou a unhas 300 persoas que se achegaron ata o lugar do concerto e participaron co seu voto deste concurso de maquetas.


Ademais do premio en metálico, 300 euros, Chaleco Reflectante gaña así o dereito a participar do festival Alternativo Millo Verde que se celebrará os días 7, 8 e 9 de xuño.  


Un repertorio cargado de rock, punk e blues que se fixo con este XI concurso de maquetas ao acadar a maior parte dos votos emitidos polo público.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: