www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

O pleno reclama o cese de Teresa París pola súa postura ante as mobilizacións do 8 de Marzo
Política • 23/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Todos os grupos da oposición apoiaron a moción presentada pola Asemblea Feminista Paxaretas, na que reclamaban o cese de Teresa París como responsable de igualdade polas súas declaracións en contra das manifestacións celebradas o pasado Día da Muller. Unhas declaracións nas que afirmaba que "as desigualdades non se solucionan na rúa" e que ao entender de Paxaretas a desautorizan como titular do departamento. O PP defendía o traballo da que en palabras de Carmen Amoedo" é unha das mellores concelleiras de igualdade que pasou por Redondela" e criticaban a postura da oposición que "só busca humillar a esta persoa".


Oposición e goberno local volvían protagonizar onte un intenso rifi-rafe, neste caso en torno á actuación da concelleira de Igualdade, Teresa París. A súa decisión de non apoiar as mobilizacións que o movemento feminista convocaba para o pasado 8 de marzo supoñen, para os grupos da oposición, unha mostra de que non se está a defender a igualdade. Ao entender do edil de AER Javier Bastos "a concelleira deslexitima e desprestixia a o movemento feminista con este tipo de declaración" e criticaban que non só non se sumase as mobilizacións senón que "contraprogramase actividades no mesmo día".


Dende o BNG ían máis aló e ademais de sumarse a petición de Paxaretas apuntaba o concelleiro Xoán Carlos González que "nós cesaríamos a todo o goberno" Cualificaba tamén de hipócrita as actuacións da edil de Igualdade que "mentres rexeitas as mobilizacións por entender que non resolven nada logo convoque mes tras mes unha concentración ás portas do concello contra a violencia de xénero".


Tamén facía referencia a esas convocatorias a socialista Anabel Rey quen aseguraba que "para o PP esas concentracións son só cuestión de marketing, a súa loita contra a violencia machista baséase en poñer tiritas mentres recortan en fondos e políticas de igualdade".


A popular Carmen Amoedo defendía a súa compañeira de bancada de quen dixo "é unha das mellores concelleira de igualdade deste concello, unha das que máis fixo pola igualdade de homes e mulleres" melloraron programas como o de Conciliación. Acusaba a oposición de non respectar a liberdade de expresión cando criticas a París polas súas declaracións e de "non aplicar a igualdade que predican" en referencia a falta de mulleres entres os representantes dos grupos políticos. Insistía na idea de que "a igualdade faie como a estamos facendo nós, traballando pola igualdade e non nos papeis".


Tamén o Concelleira non adscrito Enrique Fojo apoiaba a proposta de Paxaretas e respondía a Amoedo sobre a presenza de mulleres nas filas do PP "da igual  que haxa mulleres se estas son machistas, o importante é que haxa persoas feministas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Moción Paxaretas
A moción foi presentada polos grupos da oposición
Javi Bastos AER
Criticaba á concelleira polas súas declaracións e por contraprogramar actos no 8 de Marzo
Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas facían extensible a petición decese a todo o goberno
Enrique Fojo edil non adscrito
Pedía máis persoas feministas no goberno
Anabel Rey PSOE
Criticaba o que cualificou de políticas de marketing do PP
Carmen Amoedo PP
Os populares defenderon e apoiaron a París como a mellor concelleira de igualdade