www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Concerto e recital de poesía de Juan Carballo
Cultura • 23/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle o espectáculo "Asuntos Pendentes" a cargo do artista Juan Carballo quen ofrecerá este sábado día 24, a partir das 20:00 horas, un concerto e recital de poesía en colaboración co músico Manolo Tarancón. As entradas teñen un prezo de 7€ xeral, 5 euros entrada reducida, pódense retirar xa no propio Multiúsos.


O artista Juan Carballo, acompañado de Manolo Tarancón, ofrecen un esepctáculo no que se mestura a poesía e a canción de maneira íntima. Cunha linguaxe nova constrúen unha proposta cultural diferente ao que adoitamos, sobre os nosos escenarios, dando o seu espazo á poesía actual e sen perder o formato de concerto.


Ambos os artistas levan xa varios anos no mundo da creación, e presentan este traballo en Redondela, un libro disco, que percorre Galicia e que busca a un público novo ou que non está adoitado escoitar a poesía neste formato.


Será en auditorio do multiusos dá Xunqueira, e as entradas están xa a disposición do público, ao prezo de 7 e 5 euros a reducida, no mostrador do propio multiusos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: