www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

«A visión das Mulleres», xornada de cinema na Casa da Cultura
Cultura • 23/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Casa da Cultura acolle hoxe venres, 23 de marzo, ás 20:30 horas, unha xornada de cinema organizada polo PSOE de Redondela baixo o título «A visión das mulleres». Unha iniciativa que busca visibilizar o traballo de todas as mulleres "cineastas, editoras ou guionistas da nosa provincia dun sector, como o audiovisual, no que a muller o segue a ter moi difícil á hora de abrirse paso".


A película «Visións», que se proxectará neste acto, enmárcase no proxecto «Cinema e muller», impulsado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra. Dirixida por Xisela Franco e producido por Beli Martínez, ten como obxectivo visitibilizar o traballo das creadoras do sector audiovisual galego "e fomentar unha maior participación das mulleres na cultura e na arte".


Nesta longametraxe, destaca Diana Toucedo, creadora Redondelá que traballa hoxe en día no mundo do cine e da videocreación na nosa provincia. Precisamente por iso, o PSdeG-Redondela quere recoñecer e destacar "o enorme traballo que realiza esta muller coa proxección da curtametraxe «Corpo Preto».


O acto contará coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e da actriz e directora Uxia Blanco, que participarán na charla-coloquio que terá lugar ao remate da proxección de «Visións». A iniciativa enmárcase nos actos do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: