www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

III Carreira de orientación de Redondela
Deporte • 20/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

As persoas interesadas en participar nesta terceira edición que se celebra o vindeiro domingo día 25 teñen de prazo ata mañá mércores para se inscribir. Deben facelo a través de internet no enderezo https://goo.gl/apvPXG . Unha cita deportiva organizada pola Concellería de Deportes en colaboración coa asociación de montañeiros A Roelo de Pontevedra que esperta o interese de grandes e cativos e que se desenvolverá en horario de mañá. Como novidade desta edición, abandónase o percorrido exclusivamente urbano e os participantes percorrerán a zona da Marisma e o Monte da Telleira.


Os participantes deberán axudarse dun mapa e un compás para atopar os puntos predeterminados pola organización e que estarán sinalizados con balizas.


Unha modalidade deportiva que baixo o lema "primeiro pensa, despois corre" está aberta a todo tipo de públicos e idade. Esta terceira carreira de orientación organizada pola Concellería de deportes e coordinada pola asociación de montañeiros A Roelo de Pontevedra, desenvolverase o domingo 25 e presenta como novidade un percorrido máis extenso e menos urbano que o das dúas edicións anteriores. Os participantes nesta ocasión terán puntos sinaladas na zona da depuradora, nas inmediacións do campo do Choco e na zona das Telleiras.


Para o bo desenvolvemento da proba contarase coa colaboración de Protección Civil e Policía Local.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: